Programa moi variado e moi local.
Falamos sobre o raku, unha técnica de cerámica sobre a que se está a impartir un obradoiro na Casa de Montes de Valladares.
Tamén, sobre o XXIII Festival Folclórico Internacional que comeza hoxe en Vigo cunha actuación no auditorio do Centro Cultural de Valladares con grupos de Turquía e Cuba.
E da I Romaría das Carballeiras, pola defensa do bosque autóctono galego, que vai ter lugar esta fin de semana na Capela de San Cibrán en Bembrive.