Así de vago e o título para este podcast. Non di nada e pode dicir moito.
-"Somos tu deseo", a ambulancia que cumple os desexos das persoas en fase terminal ou que teñen limitacións de movemento por calquer circunstancia.
-Freixo, xermolo de "proxectos piloto". Os incendios do 2017 teñen consecuencias agora xa... caída de árbores secas nos camiños. "Freixo seguro" pensa mais alá, no futuro.
-O futuro son os rapaciños de 3 anos do Monte Alba. A clase dos canguros cóntanos da horta que teñen, que cousas plantan... Primeiros contactos coa natureza e o ciclo da vida.
-Todo o que nace, crece... acaba morrendo, pudrindo. Bueno, non todo apodrece. O cortello rock dos Podridos vai sacar disco novo. 26 años de ensaios, discos e concertos. O último, no XXV aniversario do Rock Bravú.