Preto de 70 postos haberá este domingo na Feira de Entroido que se vai celebrar no Paseo da Corredoira dende ás dez da mañá. Artesanía ou antigüidades serán algunhas das propostas presentes. Ás que se sumarán ás 12h a actuación do grupo de gaitas de Pazos de Reis e inchables gratuítos para nenos. Así nolo contaron hoxe Laureano Alonso, concelleiro de Turismo, e Belén Guisande de PPart.