Continuamos coa nova sección do Galiportus, dedicada a analizar a historia dun xeito ameno e dinámico. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniron e separaron a Galiza e a Portugal... e tamén achegarnos a esas pequenas historias ocultas ou pouco representadas, dun pasado lonxano ou mesmo do mes anterior. Todo forma parte da historia: do Reino Suevo aos Irmandiños, do Prestige ás viaxes de Vasco de Gama, dos contrabandistas da Raia aos represaliados polas ditaduras. E moito máis...
Hoxe falamos da traxedia de Castelo de Paiva, e da sua conexión galega. No 4 de marzo de 2001, a ponte Hintze Ribeiro veu abaixo, e con ela, 59 persoas que viaxaban nun autobus e en varios turismos. Só se recuperaron 23 corpos, e algúns cadáveres acabaron na Costa da Morte galega, días despois, debido ao temporal e á forza das augas, perante a incredulidade de todos. Mais de 250 kms desde o lugar do accidente!