O Concello de Teo viviu no último século dous fenómenos
migratorios inversos. A emigración a países de Latinoamérica a
partir de finais do S. XIX, permitiu a chegada de cartos que
favoreceron a posta en marcha do movemento veciñal e agrario e, por
outra banda, nas últimas décadas do século XX, a proximidade de
Santiago de Compostela favoreceu a incorporación ao municipio de
novas veciñas e veciños. Na última parada desta segunda edición
de Facer Memoria, encontrámonos con persoas que viven en Oza e nos
Tilos, dúas parroquias que exemplifican esta circunstancia. Tamén
nos achegamos á historia da mestra Carmen Martínez Cereijo e a
proxectos comunitarios como o de Baixoulla.gal.