Falamos de memoria

Falamos de memoria

By Praza.galHistory
Download on the App Store

Falamos de memoria episodes

  • Falamos de memoria - A casa de Casares Quiroga
    O segundo episodio da serie producida pola Fundación Praza Pública co apoio de 50 en Liberdade percorre a Casa Museo Casares Quiroga para abordar a súa traxectoria política e persoal, as consecuencias do golpe de 1936 e a represión que sufriu a súa familia. O capítulo conta con catro testemuños de persoas vencelladas á investigación histórica e á memoria da familia Casares: Xosé Alfeirán, Pilar Mera, Emilio Grandío e María Lopo
    Esta produción da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade ten como director editorial a David Lombao, director de Praza.gal, con Miguel Pardo na coordinación de contido. A redacción e gravación das entrevistas e o guión corren a cargo de Pablo Vázquez e Paula Cermeño, con Llerena Perozo e David Lombao na narración e o traballo de montaxe de Xarda Cooperativa Audiovisual.
    31 min
  • Falamos de memoria - Monte Alto e As Atochas
    O primeiro episodio da serie podcast, producida pola Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade, mergúllase no labirinto urbano do barrio coruñés que antes do golpe concentraba a maior taxa de afiliación libertaria da cidade e despois virou en rede de resistencia fronte aos franquistas.
    Prado Rúa achéganos ao barrio, onde o equipo de Falamos de memoria se atopa co escritor Manuel Rivas, a investigadora Inés Merayo e os historiadores Daniel Palleiro e Dionisio Pereira, que nos explican a maquinaria do medo, o papel chave das mulleres na organización anarcosindicalista ou a fisionomía de autodefensa dun barriono que as Mapoulas Libertarias terman desa memoria no presente
    29 min

About Falamos de memoria

From the publisher's feed

Falamos de Memoria é unha serie documental de reportaxes sonoras que percorren diferentes espazos da Coruña e da súa contorna para recuperar historias vinculadas á II República, á resistencia antifascista, á represión franquista e á memoria democrática.