Falamos do programa Máis Emprego, unha iniciativa de inserción sociolaboral impulsada por COGAMI, nos micrófonos de Radio Voz en Ferrol. A técnica de emprego, Beatriz Gallego, e a coordinadora de COGAMI en Ferrol, María Aneiros, debullaron como se está a desenvolver este programa, que xa leva dous anos de traxectoria na comarca, ofrecendo itinerarios personalizados de orientación, formación e acompañamento á inserción laboral.
Durante a entrevista explicaron tamén os cursos previstos para este ano, deseñados a partir dunha análise real das necesidades do tecido empresarial da zona, co obxectivo de mellorar a empregabilidade das persoas participantes e facilitar unha conexión directa coas oportunidades laborais existentes.