Continuamos coa nova sección do Galiportus, dedicada a analizar a historia dun xeito ameno e dinámico. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniron e separaron a Galiza e a Portugal... e tamén achegarnos a esas pequenas historias ocultas ou pouco representadas, dun pasado lonxano ou mesmo do mes anterior. Todo forma parte da historia: do Reino Suevo aos Irmandiños, do Prestige ás viaxes de Vasco de Gama, dos contrabandistas da Raia aos represaliados polas ditaduras. E moito máis...
Hoxe botamos unha ollada á involución sufrida na Xunta de Galiza con respecto á lingua e ao achegamento á lusofonía. Escoitamos a Fraga, presidente galego no 91, falar da Galiza como parte "do mundo hispano" e do mundo "luso-brasileiro". Pola sua vez, o presidente actual, Alfonso Rueda chega a Viana do Castelo e fala en castelán... Será que fomos a peor?