Chega hoxe ao GLP, desde Monterroso (Lugo-Gz), Álvaro López (arquitecto e funcionario da Xunta), que xunto coa súa parella, Fátima Suárez (logopeda especialista en atención temperá), crearon o canal de Youtube de "Galego para peques", vendo que a súa crianza (Xoel, de 4 anos), case non contaba con contidos audiovisuais na lingua propia. Falamos de cancións ou contos, mais tamén pictogramas, fichas descargables desde os vídeos... Toda unha serie de recursos moi válidos que contan xa con 200 mil visualizacións e que tentan apoiar a tantos pais e nais "desasistidos" ante a presión do inglés e do español. Con el conversamos sobre o traballo "voluntario" no proxecto, encántanos saber desa existencia tamén de vídeos en "galego internacional" e mesmo escoitamos algún clásico como "os 5 patiños" ou "as rodas do autobúes".
Que marabilla!