No programa 222 do COMO QUE NON?! temos unha ESTREA MUNDIAL. Por primeira vez vai soar o novo single de Carla Lourdes titulado "Papel para Almodóvar". Escoitaremos a versión acústica co acompañamento de Raúl Ben á guitarra. Por outra banda, Noa García acompáñanos por última semana e vai enfrontarse a un reto: facer de reporteira no noso novo espazo Galicia Directo contará coa axuda de Fran Rodríguez. O Criticador J. Pablo Sangiao ten que analizar esta semana un tema de Quevedo. Alejandro Martínez "Pini" volve comentar unha nova Efeméirde Aleatoria. Carla Mañas estará tamén no programa e Dani Lorenzo prometeunos que, a semana que vén, volve á acción así como Pepe Capelán. Todo isto e moito máis dirixido por Carlos Tresandí