MIlleiros de mulleres saíron esta domingo ás rúas na provincia para defender a loita feminista
Contra a discriminación da muller, contra a patriarcado, e tamén, contra a guerra...Un feminismo combativo que reivindicou os dereitos da metade da poboación en Santiago, na Coruña, Ferrol, Ribeira, As Pontes, ou Betanzos, convocado pola Marcha Mundial das Mulleres.
-A xunta de goberno local de SAntiago aprobará previsiblemente hoxe a nova solicitude á Xunta de Galicia para a declaración da cidade como zona tensionada en materia de vivenda. Será a segunda ocasión, logo de que o goberno autonómico rexeitase a primeira solicitude.
- Mañá martes é o 10M, Día da Clase Obreira Galega. Unha data sinalada, sobre todo en Ferrol, que tódolos anos homenaxea, cunha xornada repleta de actos, aos dous obreiros do estaleiro asasinados durante as protestas de 1972.
-O centro Brea segade de Taragoña, en Rianxo, ven de ser galardoado co tercer premio Innovagal da Xunta de Galicia polo seu proxecto educativo Mais ca leña. Unha asignatura única en Galicia na que os estudantes aprenden os diferentes usos dunha comunidade de montes
Escuchar audio