Boa tarde.
Os actos políticos e a Ofrenda ao Apóstolo centran a xornada deste 25 de xullo, Día Nacional de Galicia. Vén de rematar a tradicional ofrenda na Catedral de Santiago que comezaba as dez desta mañá, e que contou por cuarta vez coa intervención do presidente do Parlamento galego Miguel Ángel Santalices Vieira como delegado rexio.
Presencia neste acto tamén do presidente de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado do líder do PP nacional, Alberto Nuñez feijoo.
Por certo, o presidente do goberno, Pedro Sanchez, tamén aproveitou pra felicitar, nas suas redes sociais, a Galicia citando a Xosé Neira Vilas ao que se lle adicara o Día das Letras Galegas de 2027.
Mentres, continúa nestes intres a multitudinaria e tradicional manifestación do BNG polo Día da patria baixo o lema "Somos unha nación, soberanía e dereitos nun mundo en paz'.
De seguido conectaremos en directo coa nosa compañeira Fátima Rodriguez que se atopa na praza da quintana e que tamén nos achegará as declaracións da líder nacionalista Ana Pontón .
Por outra parte, escoitaremos a intervención do secretario xeral do PSDG que participou de forma telemática, na homenaxe a Castelao en Rianxo , desde Bos aires, onde se atopa de viaxe institucional.
No tempo da entrevista falaremos de cine. Coñeceremos ao director galego Juan Barbazán que nos ven a presentar a sua curtametraxe: 'María Rita' que conta a historia dunha parexa con adiccions que loita contra os servizos sociais para evitar que se leven a sua bebé de catro meses.
Nos deportes. Dúas citas no fútbol pra hoxe. O deportivo afronta hoxe o seu segundo amistoso de pretemporada contra o Oviedo no carlos Tartiere as sete e media desta tarde. Tamén, amistoso do Celta co Sporting de Xixón, que se celebra desde as sete en A Lomba, Vilagarcía.
E unha cousa mais, Os equipos de emerxencia rescataron o corpo sen vida dun home de 78 anos que faleceu tras quedar atrapado no oco do faiado da sua vivenda. Ocorreu en Vere, Ourense.
Escuchar audio