Incidencias, de momento leves, na provincia provocada pola entrada dunha nova borrasca que deixa refachos de vento de case 150 quilómetros por hora, como o rexistrado esta mañá na Gándara, en Vimianzo. En Cee, xa se levan recollidos máis de 45 litros de chuvias por metro cadrado, e 41 en Santa Comba.
A Xunta activo o aviso laranxa no oeste e suroeste da Coruña...Suspende as actividades extraescolares e deportivas no exterior. A Coruña e Santiago manteñen os parques pechados.
- O CEIP Concepción Arenal da Coruña comeza a semana sen o persoal necesario pra atender ós 17 alumnos con necesidades diversas. O venres o claustro tomara a decisión de non entrar as aulas a primeira hora ao non contar coas dúas persoas coidadoras que lle corresponden
-En Cambre, a Xunta de Persoal lanza un berro de socorro ás administracións superiores. Pide a intermediación da Xunta, a Deputación e o Goberno estatal para buscar solucións á situación de bloqueo administrativo que padece o concello.
-En Santiago, os edís non adscritos denuncian a situación do persoal dos centros socioculturais é límite. Pídelle ao Goberno local que lle esixa á concesionaria o pago inmediato das nóminas pendentes
Escuchar audio