Os propietarios de galiñas deben tomar medidas pra confinalas e mantelas alonxadas dos animais silvestres. Medidas que non trastornan demasiado ós grandes produtores, que xa teñen naves pra aloxalas, pero sí van supoñer algún esforzo ós pequenos propietarios. A conselleira celebra que neste caso o goberno central dese unha orde xeral a todo o país, e agarda que suceda o mesmo coa dermatose nodular
- O eucalipto segue gañando superficie: 20 mil hectáreas máis dende 2021, a pesar da moratoria acordada pra esta especie
- Os colexios médicos tamén rexeitan o plan do Sergas pra atención primaria que motivou unha convocatoria de folga pra finais de mes
- O apoio de Alfonso Rueda ó ex conselleiro do mar tras ser imputado por agresión sexual protagoniza a campaña da CIG este 25N
- No tempo, seguimos pendentes das consecuencias da borrasca Claudia, cun ollo nos cauces do Lérez e o Miñor por posibles desbordamentos. Aínda que hoxe as chuvias máis intensas están nas comarcas de Noia e Sar e na provincia de Ourense... Polo de agora non se produciron novos arrastres de cinsas.
Escuchar audio