O oma os peritos xudiciais, o informe da CIAIM sobre naufraxio do Villa de Pitanxo en Terranova, no que morreron 21 mariñeiros, tamén descarga a responsabilidade no patrón do pesqueiro, pero tamén na armadora pola sobrecarga non autorizada.
Case 2.400 quilos de cocaína: é o resultado da última intervención contra o narcotráfico froito da colaboración entre varios países.
E, na crónica política recollemos as críticas do Partido Popular ó PSOE polas enmandas nas que xa non defenden a transferencia da titularidade da AP-9 a Galicia.
Deportes. O Celta buscará hoxe en Balaídos contra o Niza o segundo triunfo na Europa League. O equipo francés aínda non sumou ningún punto.
O tempo.
Xa situación máis calmada despois dunha noite con moito vento, ata 140 quilómetros por hora en Penedo do Galo en Viveiro, e chuvia en Avión recolléronse 75 litros por metro cadrado. Agora tra-lo paso da fronte quedamos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións. Conforme avance o día iranse abrindo máis claros. Destaca a caída das temparaturas que tamén se vai notar nas máximas.
Escuchar audio