Pendentes un día máis dos lumes que asolan especialmente a provincia de Ourense, onde se despregan numerosos efectivos vidos dende toda Galicia, España e ata Finlandia. 7 focos centran a atención da Xunta, que queiman por sí sós máis de 72 mil hectáreas. Algúns semellan estancados en extensón, pero seguen sendo unha ameaza. Coma o da Mezquita, que na Gudiña fixo pasa-la noite ó raso a algúns veciños. Ou o que comezou en LArouco e arrasa xa 20 mil hectáreas de varios municipios, ata ameazar o Courel...
Hai tamén un foco que os técnicos da Xunta aínda non avaliaron, e leva queiumadas unhas 3 mil hectáreas en Pena Trevinca, incluidas zonas de altísimo valor ecológico como la laguna glaciar da Serpe.
O lume levou por diante empresas coma Autoneum, na Rúa... unha auxiliar da automoción con 200 traballadores que provocou a suspensión de parte do traballo de Stellantis por falta de suministros... E tamén vides, por cuantificar aínda, e moitos pastos, dos que dependen os que conseguiron salvar ós animais das lapas... Ainda que non poderán pisalos en tres anos segundo as leis.
Escuchar audio