Un concerto económico para galicia, un financiamento singular para a nosa comunidade. É a petición que deixa a voceira nacional do BNG aquí en Radio Nacional: Ana Pontón pide a PP e PSdeG que non poñan freos ó desenvolvemento da nosa comunidade, que aquí se colla o exemplo de Euskadi e Cataluña.
Mentres os socialistas galegos piden explicacións á Xunta a conta da dependencia. Pon cifra as persoas que non están recibindo axudas: un 40 por cento dos que as precisan.
Todo tras unha fin de semana na que non hai que lamentar falecidos nas estradas. As últimas horas si nos deixan o rescate de dúas persoas en Boiro tras sufrir un incidente coa súa embarcación. Agardaron nunha batea ata recibir axuda.
Escuchar audio