Interrumpida a circulación ferroviaria entre A Gudiña e Sanabria por falta de tensión na catenaria. Polo momento hai catro trens afectados: Tres deles están detidos na estación de Ourense e o cuarto na de Sanabria.
Alivio entre os veciños da Bouza polo comezo das labores de desentullo trala enxurrada que deixou paralizadas as súas vidas hai 15 días. Dende a Deputación, calculan que as máquinas poderían rematar a limpeza en dúas ou tres semanas.
E no noso tempo de entrevista falamos con Luis Congil, xornalista e comisario da exposición que se inaugura este sábado en San Lourenzo de Piñor, en Barbadás, dedicada á escritora Carmen Martin Gaite. Unha mostra coa que se reclama a galeguidade e a ourensanía dunha das figuras máis importantes da literatura española.
Escuchar audio