Preto de 200 mil persoas celebrarán hoxe o San Xoán na Coruña, uns 40 mil en Praia América e Patos, en Nigrán.. Son os puntos máis álxidos dunha celebración que une esta noite a milleiros de persoas por toda Galicia, nas grandes cidades e nas aldeas máis pequenas, entorno ó lume e a sardiña... Ainda que a cota é pequena, haberá suficientes pra molla-la broa. Outros milleiros de persoas traballan xa, e farano durante toda a noite, pra asegurar que desfrutamos da noite máis curta do ano sen incidencias
- RENFE ten á venda os novos abonos mensuais ou de 10 viaxes para os servizos de Media Distancia.
Despois dos abonos con desconto, chegará o billete único pra realizar viaxes combinadas en transporte público.
- O sindicato médico Simega propón sacar do verán a renovación de medicación crónica.
Cre que deste xeito se aliviaría a sobrecarga de traballo que adoita producirse na atención primaria en xullo e agosto.
- Asemblea dos traballadores de Alcoa.
Temen que o pacto entre a multinacional norteamericana e IGNIS conduza a unha situación como a que rematou co peche das factorías da Coruña e Avilés.
- Concentracións da CIG pra protestar polas condicións laborais que soportan moitos traballadores de Mercadona.
Denuncia castigos como illamento, insultos ou supresión de primas que poden chegar a supoñer dúas ou tres mensualidades.
- O tempo. Temperaturas altas nesta véspera do San Xoan... á noite non se descarta algún chuvasco treboento
Escuchar audio