A Coruña, Santiago, Vigo, Ferrol, Pontevedra, Ourense e moitos máis concellos galegos alzarán esta tarde a voz contra a violencia machista tras un novo caso, unha nova muller asasinada polo feito de selo. Esta mañá era a sede da Xunta o escenario dun minuto de silencio. O director xeral para a loita contra a violencia de xénero fai un chamado ás mulleres: que denuncien, que non perdan a esperanza porque a administración ten os recursos preparados para axudalas.
Para Maritza, de 49 anos, non chegaron a tempo. Hoxe o seu presunto agresor pasa a disposición xudicial, estamos pendentes da decisión do tribunal.
Mentres, na Coruña, xúlgase o caso doutra muller, Elisa Abruñedo, asasinada e violada hai máis dunha década. Xa puidemos escoitar os seus fillos, o testemuño das outras vítimas.
Escuchar audio