8 persoas feridas nun atropelo múltiple en Burela, en Lugo. Unha delas está en estado crítico. O condutor, un home de 80 anos, non deu positivo nas probas de alcol.
É a última hora dunha tarde na que a actualidade informativa tamén pivota ao redor da polémica pola facultade de Medicina na UDC. O reitor asistirá á reunión de xuño convocada pola Xunta mentres os partidos políticos non acaban de consolidar unha postura sobre o asunto.
De seguida estas e máis novas, antes un aviso: solicítase a colaboración cidadá pra localizar a dous menores de 10 e 8 anos que faltan do centro tutelado no que se atopaban en Fisterra. Ao parecer, foi un familiar autorizado que os sacou por última vez. Responden aos nomes de Nicoles e Simón David, ambos de metro e medio de estatura, cabelo negro e gafas.
Escuchar audio