Día do traballo. Os diferentes sindicatos convocaron concentracións pola comunidade. As centrais serán en Vigo, onde estarán os líderes autonómicos de Comisións Obreiras e UGT, ás once e media; e da CIG, ás doce. Tamén haberá representación política, co secretario xeral dos socialistas na primeira marcha e co deputado do BNG Néstor Rego na manifestación da CIG.
Todo tras uns días de crise polo apagamento enerxético en Galicia, unha vez superada abrimos a fase de petición cruzada de explicacións. A Xunta quere saber por que o transporte ferroviario tardou case un día máis en recuperarse na súa totalidade que no resto de España. E o BNG o que lle pide ó presidente Alfonso Rueda son aclaracións por deixar a xestión en mans do Goberno central. Un paso que os nacionalistas non consideraban necesario e que ven como unha estratexia política.
Mentres, escoitaremos algunhas das consecuencias como as perdas de moitos litros de leite en explotacións que non puideron manter a cadea de frío.
Tamén iremos ata a praza de Abastos de Santiago para escoitar os detalles do bono para fomentar o consumo de peixe que se porá en marcha nas vindeiras semanas.
Escuchar audio