A alcaldesa de Cambre, María Pan, anuncia a súa dimisión logo dun ano no cargo. Nunha carta aos veciños acusa á oposición de boicotear a xestión do goberno local, de Unión por Cambre.
O concello terá que elixir ao terceiro rexedor da lexislatura.
-En Outes, o PSOE ratifica a expulsión definitiva do concelleiro José Antonio Caamaño, que en febreiro, en contra do criterio do partido apoiou unha moción de censura promovida polo PP.
-Entre o 15 de abril e o 15 de xullo a ría de Ferrol estará pechada ó marisqueo. As confrarías de Ferrol, Barallobre e Mugardos secundarán un paro biolóxico pra facilitar a recuperación da ameixa.
-Nos Deportes, cita histórica pra o baloncesto feminino galego. O Uni Ferrol visita esta tarde ao VILLENEUVE francés na volta da final da Eurocap, coa necesidade de remontar os 3 puntos do partido de ida na Malata
Escuchar audio