Acougan os ceos en Galicia tra-lo paso de Herminia, que deixou unha chea de incidencias na comunidade. O último reconto ascende a 1400. Iso si, aínda chove con intensidade nalgúns puntos, polo que teñan precaución... a ollada está posta arestora nunha ducia de ríos con risco de desbordamento. Tamén no litoral, onde está activada a alerta vermella por ondas que poden acadar os 9 metros.
Tormenta tamén na política, tras coñecerse hoxe a sentenza do Supremo que condena ao senador popular José Manuel Baltar como autor dun delito contra a seguridade vial. A oposición insta ao PP a que pida a súa dimisión, algo que Rueda xa descartou.
Escuchar audio