Xornada de pleno municipal en ourense xusto despois da condena ó alcalde por acosar ó interventor municipal, a quen tamén cesou do posto, unha decisión que a xustiza considera nula polo que tivo que restituilo. Na oposición, BNG e PSde chamaron directamente acosador a Gonzalo Pérez Jácome, e queren que dimita. O PP cuestiona ó alcalde pero non se suma a esa petición. O alcalde, de Democracia ourensana, non considera que se excedese no seu trato ó funcionario, pensa que todo iso é esaxerado e xa pensa e recorrer a sentenza.
Sobre este asunto pronunciouse esta mañá o presidente da Xunta e do PP galego. Alfonso Rueda non se pecha a apoiar unha moción de censura unto a nacionalistas socialistas, pero lembra que esa proposta xa se escoitou hai un ano e non se materializou.
Escuchar audio