Máis de 42 mil persoas agardaban a final de ano a ser chamados pra unha intervencion cirúrxica, cu tempo medio de máis de dous meses, 67 días. Eran dous dias máis que no mes de xuño, e que se producen despoius dunha espera pras primeiras consultas co especialista que tamén se incrementan e se achegan ós dous mess e medio. Son datos, números, que afectan na súa vida diaria a milleiros de persoas, pero o conselleiro pide poñe-lo foco nos resultados en termos de saúde do sistema. Un sistema que, recoñece, está a sufrir pola falta de planificación de anos, unha grave carestia de profesionais, que se vai agravar coas próximas ondas de xubilacións.