Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.... more
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,286 episodes available.
May 01, 2024Crónica de Galicia - 01/05/24Familias con traballo pero empobrecidas, e persoas que a final de mes reciben menos do salario mínimo. Son as principas denuncias da CIG neste 1 de maio, o sindicato atribúe as cifras a unha reforma laboral que, dous anos despois da súa aplicación, precarizou o emprego. Como exemplo: o aumento dos contratos a tempo parcial.A Coruña acolleu os actos principais dos sindicatos, tamén houbo marchas en Vigo, Pontevedra ou Lugo. Nos de Comisións Obreiras e UGT, ambas organizacións defenderon que si houbo avances no emprego nos últimos anos pero cren que Galicia tem peores datos que o conxunto do Estado. Unha preocupación que lle trasladarán mañá ó novo conselleiro do ramo. Unha das súas prioridades: reactivar a industria....more31minPlay
May 01, 2024Informativo Galicia 7:45 - 01/05/24Alomenos 15 detidos nunha operación da Garda civil contra o tráfico de drogas e o branqueo de capitais. Centrouse no Salnés, pero realizáronse intervencións tmaén en Ferrol e Madrid. Os axentes chegaron a incautarse de 2 millóns de euros en efectivo.Nun primeiro de maio no que os sindicatos convocan por separado manifestacións nas principais cidades e vilas galegas. O tempo non vai acompañar. Hoxe Galicia quedará influenciada por unha baixa situada ó suroeste de Irlanda que aportará aire frío en altura e deixará moita inestabilidade atmosférica. Seguen as temperaturas baixas....more15minPlay
April 30, 2024Informativo Galicia 19:50 - 30/04/24Toma corpo a nova estrutura do Goberno nomeado por Rueda. Hoxe tomaron posesión dos seus cargos os directores xerais das dúas áreas nas que se dividiu a antiga Secretaría Xeral de Igualdade. Unha separación criticada polos partidos da oposición. Hoxe escoitamos tamén o responsable da nova Oficina de Coordinación Económica, Juan Carlos Reboredo, que se encargará de harmonizar estratexias en campos coma a transición enerxética ou a dixitalización.E continuamos pendentes da operación contra o tráfico de drogas HALIA. Hai 15 persoas detidas no Salnés, en Ferrol e en Madrid....more10minPlay
April 30, 2024Crónica de Galicia - 30/04/24Continúa a renovación en San Caetano nesta lexislatura. Créase unha Oficina de Coordinación Económica con alto nivel: ten rango de secretaría xeral. Traballará a prol da transición verde e do impulso do emprego. Unha nova estrutura da Xunta con máis novidades: separa Igualdade e Violencia de Xénero en dúas áreas.Antes formaban a Secretaría xeral de Igualdade, agora convértense en dúas direccións xerais. Á fronte delas a xornalista María Quintiana e o xuíz especialiado en violencia de xénero Roberto Barba. Unha decisión do goberno galego que critica a oposición. O PSdeG non entende a división das dúas materias e acusa ó executivo de restarlle relevancia á igualdade na loita contra a violencia que sofren as mulleres.No BNG céntranse noutro asunto: os contratos da Xunta na pandemia. Piden unha comisión de investigación parlamentaria para aclarar supostas irregularidades, inciden en que o Consello de Contas só fiscalizou parte das adxudicacións....more45minPlay
April 30, 2024Informativo A Coruña 8:45 - 30/04/24Os sindicatos policiais alertan dunha escalada en violencia Nas pelexas Da zona de ocio de Ferrol e Narón. MEntres, concellos da área da Coruña denuncian a falta de efectivos na policía local... - En Betanzos membros da plataforma veciñal de Infesta van protestar hoxe durante o pleno para reclamar melloras na seguridade viaria da estrada AC-542 - En Santiago, aumenta a polémica sobre a decisión do Concello de celebrar no Obradoiro o concerto da Panorama das Festas da Ascensión. - Xornada de folga en Teleperformance, a empresa de telemarketing da Coruña, en protesta polos despedimentos, a deslocalización, e as presións constantes ao persoal...more15minPlay
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,286 episodes available.