Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.... more
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,286 episodes available.
April 23, 2024Informativo Galicia 19:50 - 23/04/24A Xunta gaña a batalla xudicial ao goberno central na defensa da súa Lei do Litoral Galego. O tribunal constitucional tumba o recurso presentado por Moncloa por, presuntamente, invadir competencias. Desde a Xunta saúdan a decisión, e critican a falta de diálogo da oposición. É o asunto principal dunha xornada na que Altri protagonizou o primeiro pleno ordinadio da lexislatura....more10minPlay
April 23, 2024Crónica de Galicia - 23/04/24O parlamento galego acolle xa a primeira sesión plenaria da lexislatura. E comezou co debate dunha anunciada iniciativa do BNG pra reclamar unha auditoría dos contratos da pandemia en Galicia. Unha proposición non de lei que non sairá adiante. A composición que vimos hoxe no pazo do hórreo non é, en todo caso, a definitiva, porque algúns dos deputados foron nomeados pra cargos que son incompatibles, polo que correrán as listas nas bancadas populares. No congreso sí se celebrará unha comisión de investigación sobre os contratos da pandemia. Deberán comparecer Rueda, COmesaña e outros cargos da Xunta, pero non o ex-presidente, o que xa provocoui as críticas do BNG....more45minPlay
April 23, 2024Informativo A Coruña 8:45 - 23/04/24100 hectáreas de monte arrasou nas últimas horas o lume en Rois. O incendio está estabilizado. As chamas prenderon arredor das 6 da pasada tarde na parroquia de Herbogo e dende o Concello sospeitan que se trata dun incendio intencionado. O Concello da Pobra reúne esta tarde a veciñanza para valorar a ampliación da conserveira Escurís. Tal e como se proxecta, incumple o Plan de Ordenación municipal. A asociación SARELA de persoas afectadas por dano cerebral precisa de fondos para ampliar as súas instalacións. O presidente da Xunta garante que se poderá visitar a Casa Cornide, que a familia Franco mantén pechada malia que é un Ben de Interese Cultural....more15minPlay
April 23, 2024Informativo Galicia 7:45 - 23/04/24A Xunta inicia os trámites para que os universitarios galegos teñan a matrícula de balde: os de primeiro curso e os que superen entre un 65 e un 90 por cento dos créditos en función do grao que se curse. A medida será efectiva o vindeiro curso. Acordo do primeiro Consello ordinario que aprobou a nova estructura da Xunta e os primeiros nomeamentos: destaca que as delegacións territoriais pasan a depender de presidencia. Pendentes dun incendio en Rois. Segundo a última actualización, arderon 50 hectáreas. Agora xa está estabilizado. Anúnicase un cambio no tempo, pero hoxe aínda continúa a influencia do anticiclón. Pola tarde o ceo xa se vai cubrir polo norte. Pero o máis destacado é o descenso das temperaturas, que van seguir baixando....more15minPlay
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,286 episodes available.