Xornada de posta en marcha do novo goberno da Xunta. Comezaba coa toma de posesión dos conselleiros, os que continúan, os que seguen no goberno pero con novas carteiras, e tamén as novas caras, entre as que destaca María Martínez Allegue, a nova titular de vivenda e infraestructuras, que se convertía na voz das incorporacións... Logo, os 12 integrantes da nova Xunta mantiveron o seu celebraron o primeiro consello con Alfonso Rueda, no que xa se deu paso a algunha das medidas anunciadas na campaña, coma a axuda ós que adopten mascotas en refuxios