Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.... more
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,296 episodes available.
March 26, 2024Crónica de Galicia - 26/03/24Recibe a alta hospitalaria o veciño de Ribeira acusado de matar hai una semana a súa exparella. o detido, que tiña un fillo común coa víctima, pasará nas próximas horas a disposición xudicial.Dous traballadores feridos no incendio dunha nave no polígono lugués do Ceao. Iniciouse pouco antes das dez na empresa "Desguaces Sidegal". Os bombeiros impediron que se estendese a otras naves lindeiras. A Xunta presenta alegacións ó decreto que regula a implantación de parques eólicos mariños.O Goberno galego cre que é posible un entendemento porque o sector pesqueiro non está en contra das enerxías renovables.O Centro Dramático Galego cumpre corenta anos. Este organismo cultural leva catro décadas contribuíndo a crear público pró teatro galego e prós grandes autores internacionais. o tempo. Todo igual temperaturas baixas e treboadas. MeteoGalicia....more26minPlay
March 26, 2024Informativo A Coruña 8:45 - 25/03/24O PSOE de Cambre pide xestionar a área de Contratación para entrar no goberno de Unión por Cambre, liderado desde o venres por María Pan. De seguido conversamos coa nova alcaldesa, sobre este asunto e os retos aos que se enfronta.-Pacientes con cancro do Hospital de Santiago, afectados por retrasos de máis de seis meses nas súas revisións oncolóxicas, presentan hoxe ante a valedora do Pobo unha queixa colectiva. -Ás dez da mañá declaran nun xulgado da Coruña sete testemuñas relacionadas co crime de Yoel Quispe, o mozo asasinado a pasada noiteboa na cidade herculina. -O presidente do Cláster de Turismo de Galicia cre que implantar unha taxa turística en Santiago non é a mellor opción pra unha cidade que, segundo sinala, non está masificada...more16minPlay
March 26, 2024Informativo A Coruña 8:45 - 26/03/24A Valedora do Pobo estuda a queixa entregada polos doentes de cancro que levan ata seis meses agardando polas súas revisións no Hospital de Santiago. De seguido ampliamos, antes outros titulares da xornada con Noemi Alonso-A familia de Yoel Quispe, o mozo asasinato en noiteboa na Coruña, pide que se amplíe o número de investigados polo crime, -de momento hai tres-, coincindo cunha nova toma de declaracións nos xulgados. -O sindicato USO denuncia o colapso do xulgado número 1 de Carballo, que acumula case 2.000 escritos pendentes de trámite -Ferrol terá os orzamentos máis altos da súa historia: 92 millóns de euros. Aprobaranse definitivamente no pleno de abril...more16minPlay
March 26, 2024Informativo Galicia 7:45 - 26/03/24Altri sigue no foco..O BNG quere saber se o Goberno está disposto a conceder cartos dos fondos de recuperación para instalar unha fábrica que -di- incumpre tódolos criterios sociais e medioambientais. O conselleiro atribúe os atrasos na atención a pacientes oncolóxicos en Santiago o proceso de estabilizaicón das prazas de médicos. Os pacientes trasladaron a queixa á Valedora do Pobo.Deportes. O Racing non pasa do empate en Albacete tras fallar dous penaltis. O quipo manchego destitúe ó adestrador, o galego Rubén Albés.O tempo.Mantense a inestabilidade atmosférica, con chuvascos e máis frío.Vexamos como empeza esta martes, de vacacións para moitos, nas principais cidades...more15minPlay
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,296 episodes available.