Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 21/11/23
    Continúan os retrasos nos trens rexionais. Hoxe os primeiros servizos que tiñan destino A Coruña chegaron con vinte minutos tarde. Os usuarios quéixanse polas continuas incidencias
    -Un grupo de mariscadores e membros de Ecoloxistas en Acción ocuparon este luns as instalacións da mina de San Finx en Lousame, para esixir responsabilidades polas verteduras de metais pesados
    -Investigan os danos causados pola retirada con maquinaria pesada dun catamarán varado na praia de Area Maior, en Muros, nunha zona altamente protexida.
    - O goberno local de Santiago negocia cos propietarios do antigo colexio Peleteiro outra alternativa urbanística pra parcela, despois de que o Concello lle denegase a solicitude de licenza por non cumprir os requisitos do PXOM...
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 21/11/23
    A xornada empeza de novo con inciencias no tráfico ferroviario... os primeiros trens sairon de novo con retraso de Ourense e Vigo....e con queixas dos usuarios que non van chegar a tempo ós seus postos de traballo.
    Os orzamentos van contnuar o trámite parlamentario tras rexeitr o PP as enmendas de devolución presentadas pola oposición.
    E este martes temos dúas citas xudiciais: En Vilagarcía vese unha demanda de Laureano Oubiña por danos morais na serie Fariña; e en Madrid o caso Alvia: a plataforma de vícitmas reclama unha ainvestigación independente do accidente
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 20/11/23
    Os orzamentos galegos de 2024 pasaron o exame: superaron esta tarde o debate das emendas de totalidade e continúan a súa tramitación entre críticas de sindicatos polos escasos investimentos en sanidade e da coordinadora eólica polas axudas ós proxectos das empresas enerxéticas.
    Todo nun día no que os grupos políticos miran a Madrid: ó novo consello de ministros. O PP agarda que se cumpran os compromisos en Industria, o BNG di que estará vixilante e o PSdG está convencido de que Galicia sairá moi beneficiada co novo goberno.
    E hoxe moitos sufrirían os atrasos dos trens. Nova xornada de problemas na liña Vigo-A Coruña, o goberno promete solucións, os viaxeiros habituais desesperan.
    De contado máis detalles, antes imos escoitar como quedou a asemblea dos bombeiros comarcais que vén de rematar. Xa anuncian: haberá folga de fame.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 20/11/23
    Os orzamentos da Xunta de Galicia pro vindeiro ano afrontaron hoxe o debate das emendas á totalidade... O conselleiro Miguel Corgos defende que aportan certezas e estabilidade, e criticou a falta de información por parte do goberno central. A oposición cualificou as contas de electoralistas, e criticou os cheques e anuncios do presiodente da Xunta nas últimas semanas
    Mentres, en Madrid, déronse a coñecer os membros do novo gabinete de Pedro Sánchez, no que haberá dúas galegas, dúas vicepresidentas: NAdia Calviño e Yolanda Díaz. Sae do executivo José Miñones.
    44 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 20/11/23
    Máis de cincocentar persoas quedaron tiradas esta mañá sen poder chegar aos seus destinos, logo dunha avaría no tren de madrugadores con destino A Coruña. Renfe está a substituír os servizos con autobuses.
    -A Coruña é a provincia galega onde máis descendeu este ano o número de mortos nas estradas. Ata o 31 de outubro, perderon a vida en sinistros de tráfico vinte persoas, fronte ás 38 do mesmo periodo do ano pasado.
    -Os traballadores do Concello de Cambre denuncian a falta de persoal en todos os departamentos, dificultades nos pagos das facturas e nas contratacións
    -En Santiago, vai a máis a polémica a raíz da campaña de inspeccións a locais nocturnos anunciada polo Concello tralo incendio da Sala Malatesta
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.