Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 09/10/23
    Os empregados de Xeal reúnense hoxe en asemblea para avaliar a súa situación logo da venda das fábricas de Cee e Dumbría ó grupo checo Energo-Pro. Reclaman a intervención da Xunta.
    - Persoal da gardería Grumete de Ferrol apraza a sua folga, prevista para este luns, por ameazas de despedimento por parte da empresa
    -Camariñas acolleu este domingo unha multitudinaria concentración, en favor dunha familia de Arou afectada por unha orde de derruba da súa casa
    -Continúa a investigación sobre o incendio da Sala Malatesta, que obrigou a desaloxar un cento de persoas na madrugada do domingo
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 09/10/23
    Finalizou a conta atrás. Nunhas horas comeza no Parlamento o debate sobre o estado da autonomía. Será o primeiro de Alfonso Rueda como presidente, e o último desta lexislatura. As propostas do PP e da oposición servirán como adianto do que escoitaremos na campaña das vindeiras eleccións autonómicas.
    Comeza tamén unha semana na que haberá cinco xuízos por agresións sexuais a menores. As denuncias están a aumentar en Galicia. Avogados e asociacións indican que faltan medios e, sobre todo, prevención desde o eido educativo.
    E desde hoxe poden descargar os bonos Activa Comercio da Xunta con descontos para comprar en tendas de proximidade.
    Nos deportes, empate a 2 do Celta en Balaídos co Xetafe
    15 min
  • Crónica de Galicia - 08/10/23
    As denuncias por agresións sexuais, especialmente a menores, están a aumentar en Galicia. A semana que entra haberá ata cinco xuízos na nosa comunidade. Avogados e asociacións indican que faltan medios e, sobre todo, prevención desde o eido educativo.
    Despois escoitaremos os datos. Todo nunha fin de semana marcada no político polo debate sobre o estado da autonomía. Non houbo moita actividade hoxe dos grupos pero si anuncios da Xunta para mellorar a atención primaria.
    Isto en Galicia, pero hai cidadáns galegos que están fóra, por exemplo en Israel. Imos falar nuns minutos cunha veciña de Ames que nas últimas horas tivo que saír do país ante a situación crítica que se vive alí.
    Aquí Salvamento Marítimo remolcou un pesqueiro con tres persoas a bordo tras quedarse sen máquina a tres millas ó sur de Laxe. Foi a primeira hora da mañá. Toda a tripulación está en bo estado. E en Pazos de Borbén ardeu por completo unha vivenda, por fortuna, sen feridos. Foi este mediodía, investíganse as causas.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 07/10/23
    Conta atrás para o debate sobre o estado da autonomía. Nas últimas horas escoitamos á oposición formulando as propostas que levará o luns ó Parlamento. Un dos últimos en pronunciarse foi o socialista Luis Álvarez, que acusa ó PP de utilizar a cita coma un mitin de precampaña. Un dos temas dos que falará o PSdG é a necesidade de mellorar a atención primaria. Pero o conselleiro do ramo adianta que as melloras non pasan pola Xunta senón polo goberno central. Era a resposta de Julio García Comesaña a última protesta dos usuarios. Desenvólvese arestora no concello de Mesía onde levan 8 meses sen médico nun dos centros de saúde.
    Todo nunha xornada de concienciación fronte a contaminación das praias e do mar. Voluntarios convocados por Adega realizan hoxe recollidas de lixo en medio cento de areais galegos.
    E máis de 20 anos despois, España segue sen recibir os 880 millóns de euros de indemnizacións pendentes polo afundimento do Prestige fronte ás costas galegas. A xustiza británica fallou de novo a favor da aseguradora do barco.
    De contado máis detalles, tamén escoitaremos unha entrevista a Eduardo Soutullo, Premio Nacional de Música 2023.
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 06/10/23
    O presidente da Xunta recoñece que a cita do luns no Parlamento, no debate do Estado da Autonomía, é importante para él. Trátase da primeira vez que acode como titular do goberno galego e xa anuncia que quere falar da acción realizada desde que é presidente. Vai adicar a fin de semana a preparar ese debate que rematará o mércores.
    Mentras a Xunta insta aos concellos da área de A Coruña a que axilicen a elaboración de plans de emerxencia municipal fronte a seca. O encoro de Cecebre que os fornece de auga está a algo menos do 46 por cento da súa capacidade.
    11 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.