Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 05/06/23
    O goberno confirma que o asasinato de Ana Vanesa Serén en Oia, esta fin de semana foi un crime de violencia de xénero. Sería o segundo en Galicia neste ano, tralo asasinato dunha muller en Baiona no mes de febreiro.
    A mediodía, minutos de silencio en distintos puntos. Na delegación do goberno, José Ramón Gomez Besteiro salientou que o agresor, garda civil tiña a sua arma retirada pero actuou cunha arma ilegal, non rexistrada. Á ultima hora da tarde ducias de localidades uniranse ás concentracións de repulsa, e en demanda de reforzos na proteción ás victimas - O Ártabro, o barco que realizou a inspección dos Villa de Pitanxo en augas de Terranova, xa emprendeu o camiño de regreso. A portavoz das familias dos mariñeiros mortos, María José de Pazo, está segura que a verdade, sobre as causas do naufraxio, sairá a luz. - Negociacións entre o PSdeG e do Bloque para pactar a elección de alcaldes dunha das dúas formacións onde xuntos teñen maioría. Suman en medio cento de municipios entre os que está catro das sete grandes cidades: A Coruña. Lugo, Santiago e Pontevedra. - Os bomberos dos parques comarcais de Galicia inician mobilizacións. Denuncia a falta de resposta das administracións ó compromiso para converter en fixo ó persoal laboral. - ADEGA advirte dos riscos da política eólica da Xunta. Pon como exemplo a anulación dun parque entre Coristanco e Santa Comba. O colectivo ecoloxista quéixase do custe económico e medioambiental
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 05/06/23
    Cinco empresas da provincia do sector do transporte por estrada presentan recursos contra o concello polo contrato de licitación dos autobuses aprobado xa hai máis dun mes-. Denuncia, entroutras cousas, que non se recolle a suba salarial pactada previamente cos traballadores. - A asociación hostaleria de Compostela súmase as denuncias dos veciños pola falta de taxis na cidade. Levan máis de dous anos denunciando a situación e piden unha solución pra tempada de verán. -As direccións de PSOE e BNG DE SANTIAGO reúnense esta mañá nun hotel da cidade pra analizar o escenario nos municipios nos que o PP non acadou a maioría absoluta, -A Audiencia Provincial acolle hoxe o xuízo contra un home acusado de matar a un coñecido ó que lle debía cartos no barrio das Flores da Coruña. O procesado enfróntase a unha pena de 21 anos de cárcere
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 05/06/23
    Hoxe vanse reptir as concentracións de repulsa polo novo caso de violencia de xénero ocorrido este fin de semana no concello pontevedrés de Oia. Ó agresor, a súa exparella, un garda civil destinado en Baiona tiña retirada arma regulamentaria desde que en abril, cando lle fora dictada unha orde de alonxamento da víctima.
    E, xa empredeu camiño de volta o buque que filmou en Terranova os restos do Villa de Pitanxo. O robot que descendeu ata o lugar no que está o pesqueiro no localizou ningún corpo. Deportes: o Celta certifica, cun triunfo ante o Barcelona, a permanencia en primeira división. ODeportivo toma vantaxe na eliminatoria de ascenso en Segunda ante o Castellón.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 04/06/23
    Luto en Oia, Pontevedra, polo crime machista de Ana Vanessa serén, asasinada a tiros na tarde deste sábado cando remataba a sua xornada laboral no camping no que traballaba. Tiña 44 anos e era natural de Lugo. O presunto agresor, un garda civil destinado en Baiona, suicidabase horas despois nun monte preto do lugar dos feitos. O presunto agresor xa tiña unha orde de alonxamento de 300 metros da vítima e a prohición de comunicarse con ela. Este mediodía deceas de persoas achegáronse ó camping no que traballaba a vítima pra gardar un minuto de silencio- Outra das novas que nos deixa este domingo é a confirmación de que os restos atopados polo Artabro en Terranova corresponden o Villa de Pitanxo. No tempo da entrevista falaremos das últimas eleccións municipais co alcalde en funcións de Ourense, Gonzalo Perez Jacome
    30 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.