Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 01/06/23
    a pouco máis de quiince días da data pra constitución das novas corporacións e a elección de alcaldes os partidos van definindo a súa posición. Hoxe será a direccion do PSdeG a que o faga.
    A maior incognita está en Ourense... no concello da capital e na Deputación. O alcalde Pérez Jácome e o presidente da institución provincial foron protagonistas durante toda a campaña. Baltar aínda non resolveu os seus problemas coa xustiza por un posible delicto contra a seguridade vial. O xuizo previsto para este mércores tivo que suspenderse pola folga de funcionarios
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 31/05/23
    Manuel Baltar, esquiva de novo a xustiza. Hoxe suspendeuse o xuízo programado en Zamora contra o presidente da Deputación de Ourense por exceder a velocidade na A52, debido a folga de funcionarios de Xustiza. Todo mentres está pendente o seu futuro a fronte do ente provincial os vindeiros catro anos. Os partidos da oposición na cidade comezaron negociacións pra decidir a quen apoiarán pra dirixir a Deputación. Unha decisión importante, porque dela tamén depende quen será o alcalde de Ourense, con Gonzálo Pérez Jácome como forza máis votada.
     
    10 min
  • Crónica de Galicia - 31/05/23
    En Ourense, a dirección provincial do PSdeG quere apartar a Manuel Baltar da presidencia da Deputación. Decidiu iniciar contactos con Democracia Ourensana e o BNG. Rafa Villarino, lider socialista na provincia, sinala que a dirección galega non se oporía. No Parlamento, a portavoz do BNG insta a Rueda a actuar polos casos de corrupción que afectan o presidente da Deputación de Ourense. O presidente da Xunta evitou referirse ó xuizo pendente de Baltar e pediulle ó BNG que apoie ó candidato do PP á alcaldía de Ourense. Chega ó Supremo a demanda das industrias lácteas contra Lei da Cadea Alimentaria. Os empresarios defende que os prezos os fixan a oferta e a demanda. A lei impide a venda a perdas. Nove detidos en Pontevedra e Ourense pola súa implicación en delitos de roubo con violencia. Realizáronse ata seis rexistros, incluio un en Barcelona, nos que a policía tamén atopou droga. O tempo... de novo risco de treboadas e temperaturas sen cambios.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 31/05/23
    - O CIMUS, o centro de investigación de medicina de Santiago, denuncia problemas no suministro de materiais, necesarios pro traballo dos investigadores. -A UDEF detecta máis de 100.000 eurs opacos do investigado e lider do sindicato da limpeza viaria de A Coruña. Tamén, confirma que a farsa do décimo millonario que dixo haber gañado - En Santiago, abrirase a finais de xuño un excepcional prazo no que saen ó mercado milleiros de vivendas pra estudantes. Pero as inmobiliarias advirten de que antes do 10 de xullo non quedará nada.
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 31/05/23
    Manuel Baltar ten hoxe cita no xulgado do penal de Zamora. Se a folga de funcionarios non o impide celebrarase o xuizo por un presunto delicto contra a seguridade vial: lembremos o presidente da Deputación foi interceptado pola Garda civil cando circulaba a 215 quilómetros por hora na A-52.
    Un Baltar que volve a depender de Jácome para seguir na Deputación. O socialista Rodríguez Villarino cré que é o momento de buscar unha maioría alternativa. O tempo. Mantense a inestabilidade e o risco de treboadas.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 30/05/23
    Non deixan de amorearse os problemas pro presidente da Deputación de Ourense Manuel Baltar. A un día de que pase polo xulgado de Zamora, por circular a 215 km/h na A-52, o BNG ourensá presentou ante a fiscalía os audios publicados por un xornal, nos que se escoita ao irmán de Baltar falar sobre presuntos delitos de prevaricación e suborno. Todo nun contexto no que as forzas políticas ainda comezan a negociar os pactos que determinarán quenes formarán os gobernos municipáis de Galicia nos vindeiros catro anos.
     
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.