Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 9:05 - 28/05/23 - Especial Xornada Electoral
    Hai uns minutos quedaron abertas os 2.360 colexios electorais abertos en Galicia para que 2 millóns 225 mil electores poida votar para decidir quen van ser os seus dirixentes locais para os vindieros catro anos.
    Por diante once horas pra emitir o voto e logo o reconto, nunha xornada con boa temperatura, pero con risco de chuvascos de tronada.
    O domingo de resaca en Ferrol despois de que este domingo o Racing conseguira o ascenso á segunda división. Hoxe o Celta buscará en Cádiz tres puntos que certifiquen a súa continuidade en primeira.
     
    10 min
  • Crónica de Galicia - 27/05/23
    Últimos preparativos pro 28M. Preto de catro mil mesas electorais repartidas por toda Galicia pra darnos a oportunidade de elixir ós gobernantes locais. 2 millóns 225 mil galegos poderemos votar nestas eleccións locais. Seremos 22.600 menos que nos comicios de 2019. E mentres todo se pon a punto nos colexios electorais, os candidatos pasan esta xornada de reflexión descansando e desconectando... na medida do posible... porque nun día coma hoxe seguen sucedéndose as informacións en torno á Deputación de Ourense.
    31 min
  • Informativo Galicia 19:45 - 26/05/23
    Últimas horas de campaña electoral. Os cidadáns decidiremos o domingo a composición das corporacións dos 313 concellos galegos e indirectmente a formación das catro deputacións provinciais. O Partido Popular, na primeira reválida electoral de Alfonso Rueda, busca recuperar poder nas cidades, agora gobernadas pola esquerda, aínda que presentou esta campaña máis como unha primeira volta dunhas elecccións xerais. Tamén ten o seu primeiro exame o líder socialista... Pero Valentín González Formoso, que aspira á reelección como alcalde nas Pontes, delegou parte do peso da campaña en José Ramón Gómez Besteiro, no que semella como un ensaio para as vindeiras eleccións autonómicas. Ata as oito, informativo especial no que acudimos a algúns dos últimos actos políticos.
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.