Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 24/05/23
    O Ártabro, o barco que viaxa cara a augas de Terranova para face-la inspección do pecio do Villa de Pitanxo diríxese ó porto canadense de Saint John's. Vai recoller a outro perito xudicial. As fontes consultadas din que se trata dunha orde do xulgado que leva a investigación do naufraxio. En venta a empresa ZF, auxiliar da automoción, con dúas factorías en Vigo e unha no Porriño. En total, a compañía ten 550 traballadores. CC.OO agarda que a operación non afecte ó emprego. En Vigo, a policía detivo dúas persoas como presuntas autoras da queima de dous autobuses urbanos en Vigo. Son un home e unha muller, ela empregada de Vitrasa. O incidente relacionouse coa folga que realizan os traballadores da concesionaria do transporte. Protesta dos traballadores da CRTVG ante o Parlamento para denunciar manipulación política. O director da Corporación, Sánchez Izquierdo, volveu defender e advertíu aos traballadores que non van cambiar de rumbo. O tempo. De novo pola tarde aparecerán nubes de evolución. As temperaturas máis altas.
    33 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 24/05/23
    Novo capítulo nas presuntas irregularidades cometidas polo alcalde de Ourense. Agora trascendeu que Jácome adxudicou a derruba das instalacións do antigo matadoiro á oferta máis cara e gabouse de ter conseguido unha comision de 100 mil euros. O PP di agora que a situación é de emerxencia e pide un pleno extraordinario. Deportes. O Celta suma un punto ante o Girona que non certifica a súa permanencia. O Obradoiro despide con triunfo a tempada no Sar.
    O tempo. hoxe con temperaturas máximas algo máis altas no interior. Continúa o risco de treboadas, sobre todo na provincia de Ourense.
     
    2 hr 29 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.