Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 07/03/23
    Santiago aprobará este xoves nun pleno extraordinario a declaración de especial interese pra construción do Centro de Protonterapia. A Comisión de Urbanismo deulle xa luz verde. A metade dos falecidos este ano en accidente de tráfico na provincia non levaban posto o cinto. A DXT ten en marcha unha campaña de vixilancia. Ecoloxistas en Acción denuncia pola vía penal a varios altos cargos da Xunta por non declarar a caducidade da mina de Varilongo, en Santa Comba.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 07/03/23
    En Pontevedra, o xuizo ó único acusado polo triple crime de Valga será a porta pechada para protexer os nenos que presenciaron a acción. E, en Lugo, estamos pendentes do veredicto na repetición da vista a Ana Sandamil por matar a súa filla.
    Avances no desbloqueo do corredor atlántico de mercadorías. O ministerio de Transportes ten previsto investir 16 mil millóns. O comisionado do Goberno estará esta mañá na Coruña. Deportes. O Celta trae un punto de Pamplona. O Lugo cambia de novo de adestrador.
    O tempo.Unha fronte irá achegándose a Galicia durante o día, afectando á nosa Comunidade pola noite
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 06/03/23
    Hoxe comezou EN Pontevedra, o xuizo A José Luis Abet, o autor confeso da morte de súa ex-muller e da nai e a irmá desta, en 2019 en Valga. A fiscalía e as acusacións piden prisión permanente revisable. Visto pra sentenza o xuízo polo asasinato de Desirée Leal, en Muimenta. Hoxe foron as últimas declaracións das partes tras repetirse o xuízo.
     
    10 min
  • Crónica de Galicia - 06/03/23
    Galicia foi unha das comunidades que mellor aproveitou a fase de recuperación pospandemia, segundo un informe da Fundación das caixas de aforro. Pero Funcas confirma agora a desaceleración no crecemento de tóda-las comuniddes autónomas. O sector apícola denuncia que o mel se está vendendo a prezos que non cubren custes. Este xoves vanse manifestar en Madrid. Aseguran que están en perigo 300 postos de traballo. Denuncia penal contra varios cargos da Xunta por non declarar a caducidade da mina de Varilongo, en Santa Comba. Ecoloxistas en Acción cre que cometeron posibles delitos de prevaricación por non esixir á empresa concesionaria o cumprimento das súas obrigas. Yolanda Díaz pide en Santiago un Pacto polos Coidados. A vicepresidenta do Goberno español mantén que ocuparse dos fillos ou dos maiores non pode recaer principalmente nas mulleres. O tempo. Hoxe con temperaturas máis altas, sobre todo na metade sur.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.