Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 10/02/23
    Sanidade anuncia novas medidas para cubrir vacantes en atención primaria, como unha bolsa de voluntarios que teríán unha remuneración extra. Pero o feito de que todas estas accións cheguen a uns días da manifestación convocada por Sos sanidade pública fai que aumente a desconfianza no sector.
    Orde de prisión para o home acusado de matar o pasado domingo á súa exparella en Baiona. Non pode comunicarse nin achegarse ós seus fillos.
    E hoxe coñeceremos as conclusións do xuizo polo dobre crime do Cash Récord cometido en Lugo hai 29 anos. O tempo. Segue todo igual... ceo despexado, frío con xeadas pola noite e temperatura agradable nas horas centrais do día. No litoral da provincia de Pontevedra vanse rexistrar cerca de 20 graos.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 09/02/23
    Os sindicatos non están conformes coas medidas anunciadas pola Xunta na mesa sectorial pra mellorar a atención sanitaria e anuncian alegacións- Todo a poucos días da manifestación convocada por Sos sanidade pra este domingo en Compostela e á que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acusa, unha vez máis, de estar politizada.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 09/02/23
    Outro policía implica ó único acusado no xuizo do Cash Récord. Dixo que hai indicios pra atribuirlle non só o atraco e morte de dous empregados do Cash Récord senón tamén outro homicidio en 1997. Volve ó xulgado o home acusado de matar á súa exparella o domingo en Baiona.
    A xuiza ordenara o seu traslado ó hospital Álvaro Cunqueiro onde hoxe foi dado de alta. Satisfación nos comités de empresa de ENCE pola confirmación dos investimentos en Lourizán. Tras confirmar o Supremo a prórrog da concesión, a pasteira Ence avanzou investimentos de máis de 130 millóns de euros nos vindeiros dez anos. En Ourense, a oposición denuncia que o alcalde emprega un clube de fútbol pra poder continuar con obras na cidade. Busca manter proxectos financiados cunha modificación de crédito que só se podía empregar ata o 31 de decembro de 2022.
     
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.