Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 04/02/23
    20 localidades galegas albergan este día accións en reivindicaciós en celebración do Día Mundial Contra contra o Cancro. Unha enfermidade que cada ano se diagnostica en GALCIA 20 mil persoas. .... No político as formacións galegas dan un paso máis na carreira pra elección do 28 de maio e presentan as que serán as liñas a seguir. ((No tempo da entrevista, recibimos ó músico Roi Casal que ven a presentar o seu novo traballo "xunto a ti". ))
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 03/02/23
    O próximo dia 7 de febreiro o tribunal supremo decide sobre as sentenzas da audiencia nacional que declara a nulidade da prorroga de Ence. Esta mañá os traballadores da pasteira reclamaron que se teña en conta o seu futuro e se dicte unha resolución favorable á pasteira. Permanencia que tamén defenderon esta tarde a CEOE e a Xunta. Antonio Garamendi e Francisco Conde aseguran que a súa presencia en Galicia é clave na industria do país
    10 min
  • Crónica de Galicia - 03/02/23
    Faltan uns días pra que se cumpra o aniversario do afundimento do Villa de Pitanxo en Terranova, que deixou tras de sí 21 víctimas mortais. E por fin as familias comezan a ver cumprida unha das súas demandas: a de que o goberno español descenda ata o pecio pra recabar datos que completen a investigación. Haberá que agardar aínda ata o verán, pero os traballos que acaban de iniciar a súa licitación deberían botar luz sobre as investigacións abertas pola audiencia nacional e o ministerio de transportes - Licitado o estudo informativo da saída sur ferroviaria de Vigo Porén, o Eixo avisa de que só se inician os trámites da metade, do treito, entre a estación de Urzáiz e o Porriño, e non do tramo Porriño e Tui. temen que non se poida cumprir co prazo de 2030 - Máis de 3 mil xuizos, comparecencias e declaracións xudiciais suspendidas pola folga dos Letrados Os antigos secretarios xudiciais seguen adiante co seu paro indefinido, con participacións que superan o 75 por cento. - O Tribunal de Xustiza Europeo da carpetazo ó caso contra as denominadas Tax-lease do naval Un sistema de bonificacións fiscais pra os investimentos en estaleiros que varios países consideraron axudas de estado. o conflicto legal axudou a rematar con moitos estaleiros galegos - Unha praga ameaza os viñedos do sur das provincias de Pontevedra e Ourense Hai 9 concellos afectados pola flavescencia dourada, nos que será obrigatorio corta-las viñas con síntomas. E se está afectado máis do 20% da superficie, terán que arrincar todo o viñedo
    45 min
  • Informativo A Coruña 13:55 - 03/02/23
    Novidades no caso Pichel en Santiago. O alcalde adiantou que barallan remitir á fiscalía o asunto a vindeira semana. O obxectivo: dirimir se houbo ou non posibles responsabilidades penais na contratación da empresa Desproi. Empresa ligada ó edil dimitido, José Manuel Pichel, e que tiña débedas previas co concello, antes da contratación da nave. A decisión definitiva será tomada a semana que vén.
    5 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.