Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 26/10/22
    Os familiares dos mariñeiros que morreron no naufraxio do Villa de Pitanxo conseguiron a unanimidade dos grupos na eurocámara en apoio ás súas demandas. A Xefa de seguridade no mar anunciou que España contrarará os medios para realizar unha prospección ó barco afundido en Terranova, pero xa haberá que deixar pasar o inverno.
    No xuizo do Alvia, hoxe declara o interventor, despois de que os policías aseguraran que por dúas veces negou que mantivera unha conversa telefónica previa ó accidente co maqinista.
    As estradas deixannos outra víctima mortal. Un veciño de Monterrei, en Ourense, faleceu ó perder o control do coche e caer desde unha pista forestal a autovía A-52.
    O tempo.
    Continúa a influencia da borrasca e o vento do sur. As temperaturas aínda poden subir algún grao.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 25/10/22
    Os familires dos mariñeiros que morreron no Villa de Pitanxo intervirán pola tarde na eurocámara.Na Comisión de Peticións pedirán que se inste ao goberno español a baixar ao pecio para esclarece-las causas do afundimento. O presidente do Clúster das TIC de Galicia pide unidade en torno á candidatura da Coruña para acoller a sede da Axencia Española de Intelixencia Artificial. Antonio Rodríguez del Corral entende que unha vez que a Xunta e as universidades fixeron a súa escolla, agora o que toca é remar todos na mesma dirección. Rematada a temporada alta de risco de incendios os bombeiros forestais saen á rúa. Reclaman traballos estables durante todo o ano que permitan ter un corpo de bombeiros forestais formado, e realizar tarefas de prevención e ordenación. Prisión comunicada e sen fianza para o home dedido por matar a unha veciña en Vigo. Está investigado por un presunto delito de asasinato. Entrou na casa da muller e deulle varias coiteladas que lle provocaron a morte. O tempo. Nova tarde de chuvia e vento. As que non cambias son as temperaturas.
    26 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.