Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 29/09/22
    O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de lei reguladora do Xogo. Unha nova norma pra sustituir a unha de 1985 que, pola súa antigüidade, non recolle moitas das formas que adopta esta actividade na actualidade. Tampouco os problemas que está a provoca-lo xogo entre os menores, que cada vez se inician antes na actividade. Algo no que se poñerá énfase neste proxecto, que limitará os establecementos, a súa distancia ós colexios e a centros de rehabilitación. Tamén se limitará a entrada dos menores e o seu acceso ás máquinas de xogo.
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 29/09/22
    A Xunta sinala que o veto á pesca de fondo nun cento de áreas atlanticas terá un impacto de 800 millóns en Galicia. No Parlmento, a conselleira Rosa Quintana pediu que se aprace dous meses a entrada en vigor da medida.
    Portugal da prioridade ó AVe con Galicia fronte ó de Madrid. Agora, o eixo atlántico pide que o goberno español lle dea prioridade tamén á saída sur desde Vigo.
    E o sindicalista ferrolán, Rafael Pillado, terá que ser indemnizado pola exposición ó amianto na antig Bazán, aínda que o xulgado rebaixa cantidade que pedía a súa defensa. O tempo
    Durante o xoves teremos a chegada dunha nova fronte desde o norte, que deixará ceos nubrados e chuvascos xeneralizados
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 28/09/22
    O Goberno Galego moverase pola súa conta e recurrirá en Europa o veto a pesca de fondo en 87 caladoiros, se non o fai o ministerio. Así o afrimou esta tarde no Parlamento a Conselleira de Pesca, Rosa Quintana, quen destacou ademáis que buscará unha fronte común con outras comunidades. Ir de Vigo a Lisboa levará só 2 horas e 20 minutos. Este é o tempo que o goberno Portugúes estima alcanzar coa nova conexión de alta velocidade do país. O primeiro ministro luso, Antonio Costa, presentou esta mañá o proxecto feroviario que comezará a intalarse en 2026.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 28/09/22
    A conselleira do mar cosnidera que a comisión europea se extralimita coa decisión de veta-la pesca de fondo nun cento de áreas mariñas no atlántico.
    Medida contra a que agarda unha resposta rigorosa rexeitada por todo o sector e todolos grupos políticos. Non hai o mesmo nivel de acordo no debate fiscal, como poñía de manifesto a sesión de control, con novos reproches pola rebaixa do imposto de patrimonio.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.