Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 14/06/22
    Aínda se descoñecen as causas da caída de parte do viaducto do Castro na A-6.
    Polo tanto tampouco hai data para a reapertura polo menos parcial da autovía. Mentres trabállase na mellora da nacional sexta. Primeira reunión do presidente Alfonso Rueda con sindicatos e patronal. CCOO e UGT pedíronlle que se abra unha mesa de política social pra falar dos contratos públicos. Varias accións dos xuices da Coruña e Vigo para demandar que se cambie o sistema de gardas. Piden que sexan de 24 horas e presenciais. Asegura que o cambio depende da Xunta. O grupo chinés propietario da conserveira Albo traballa para concentrar toda a producción na fábrica de Salvaterra de Miño. A dirección de Albo xa chegou a un acordo para que os 135 traballadores de vigo se incorporen a Salvaterra e a semana que vén negociará cos da planta de Celeiro. O tempo. todo igual sol e calor que remitirá lixeiramente no litoral atlántico.
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 14/06/22
    A A-6 leva unha semana pechada nos dous sentidos da ciruclación en Pedrafita. Polo pobo pasa agora a dirario uns 10 mil vehículos, incluido o tráfico pesado. A comisión de seguridade viaria tratará hoxe este asunto: aínda non se sabe por que caeu parte do viaducto do castro nin cando pode reabrir alomenos un sentido da circulación.
    A Xunt demanda información o goberno galego tamén abre outra fronte neste caso co ministerio de transición ecolóxica polas competencias no litoral. O tempo: Mantense a influencia anticiclónica e o aire cálido sobre Galicia.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 13/06/22
    O desvío da A6 pola nacional sexta tralo derrubamento dun tramo da autovía en Pedrafita segue a xerar polémica. Mentres os nacionalistas piden unha solución inmediata, o presidente do Xunta, Alfonso Rueda, acusa a Pedro Sánchez de non actuar con rapidez para solucionar a circulación. E satisfacción no sector lácteo tras confirmarse a recepción dunha primeira parte das axudas do goberno para facer fronte as consecuencias derivadas da invasión de ucraína.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 13/06/22
    Sanidade nega que haxa colapso na sanidade como denuncian os socialistas.
    E o conselleiro García Comesaña engade que non do se arranxa por máis orzamento porque agora non hai profesionais ós que contratar. Posible marcha atrás da Organización Mundial do Comercio na súa decisión de prohibi-las subvencións ó combustible dos barcos. O texto inicial foi revisado pra permitir mantelas sempre que se trate de poboacións non sobreexplotadas, coma as reguladas pola NAFO. Outras, como Malvinas, quedarían sen elas Os preto de 10 mil teleopperadores de Galicia volven a estar chamados a unha xornada de folga. O convenio leva 2 anos bloqueado. Denuncia precariedade laboral e económica, e abuso dos contratos a tempo parcial A FP galega terá o vindeiro curso un 20 por cento máis de ciclos e tamén aumentarán as prazas ofertadas. Serán 37 mil, un 25 por cento máis entre as modalidades de ciclos ordinarios, réxime de persoas adultas, a distancia ou FP dual. O tempo. hoxe con temperaturas máis altas... tamén no norte.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.