Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 12/05/22
    Alfonso Rueda elixido novo presidente da Xunta de Galicia. É a noticia do día. Rueda proclamouse o sucesor de Feijoo tras acadar a maioría absoluta na votación celebrada no pleno de investidura desta mañá. Un pleno, intenso a pesar de saber previsiblemente cal sería o resultado. Tamén, xornada de mobilizacións na sanidade pública coincidindo co día internacional da enfermaría.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 12/05/22
    En marcha a sesión de investidura de Alfonso Rueda, coa intervención de todos os grupos da Cámara. A primeira quenda foi a do voceiro socialista. Luis Álvarez di que estamos ante un discurso do PP
    repetitivo, máis do mesmo, que pertence a un tempo pasado: sen norte, sen rumbo e sen programa. A líder da oposición, Ana Pontón, reivindicou a riqueza de Galicia e o seu capital humano. Afirmou que un cambio é posible: avoga por unha sanidade e educación de calidade, sen recortes e por unha comunidade con emprego para os mozos. O voceiro do PP, Pedro Puy, defendeu a lexitimidade de Alfonso Rueda como líder dos galegos. Rueda intervén arestora, nos primeiros minutos do discurso pediu á oposición que escoite con atención as súas propostas, que non se cingan ó NON. Será investido cos votos da maioría absoluta do PP. O sábado tomará posesión do cargo coma o sexto presidente da historia da Xunta de Galicia -o único sen eleccións previas-.
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 12/05/22
    Nunhas horas Alfonso Rueda convertirase no sexto presidente da Xunta, pero o primeiro elexido polo Parlamento sen unhas eleccións previas.
    Ás once reanúdase o debate de investidura que poderán seguir a través do circuito territorial de R-5.
    O transporte urbano en Ourense recupera a normalidade tra-lo acordo entre o comité e a empresa refrendado despois pola asebmela de traballadores. Deportes. O Obradoiro asegúrase a permanencia na liga ACB unha temporada máis tras gañar en Badalona ó Joventut por seis puntos..
    o tempo. Subiron as temperaturas mínimas... continúas as neboas matinais.
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.