Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 02/05/22
    O río Miño vólvese a cobrar outras dúas víctimas. A pasada tarde foi recuperado o corpo do neno que foi arrastrado pola auga o sábado... o pai que intentou valerlle morreu tamén afogado.
    Este luns recollemos tamén as reivindicacions dos traballadores no primeiro de maio que se centraron na recuperación do poder adquisitivo.
    E hoxe iníciase o proceso para elexir ó substituto de Feijóo na presidencia da Xunta. O presidente do Parlamento reúnese cos portavoces dos grupos parlamentrios para propoñer un candidato.
    Deportes. o Celta deixo dous puntos no desconto; o Lugo caeu derrotado no Anxo Carro. En baloncesto cara e cruz para Breogan e Obradoiro e en balaonmán o Guardés caeu na final de copta Cambia o tempo.... baixan as temperaturas, sobre todo no norte onde poden producirse algunhas precipitacións.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 01/05/22
    Primeiro de maio. Xornada reivindicativa que este ano chega coa clase traballadora afogada pola inflación. Por iso piden que se conteñan os prezos e se aumenten os salarios. As principais marchas rematan arestora. UGT e Comisións, xuntos, na Coruña; e a CIG, en Vigo... Voz unánime na rúa neste Día do Traballo que tamén nos deixa loito en Arbo. Na praia fluvial deste concello pontevedrés un home morreu e o seu fillo está desparecido ó seren arrastrados pola corrente. No tempo, hoxe con algunha nube máis.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 30/04/22
    Alfonso Rueda tomará posesión como novo presidente da Xunta, previsiblemente, o 14 de maio. O presidente do Parlamento inicia este luns a rolda de contactos cos grupos políticos de cara á investidura. Vaise pechando o calendario do proceso unha vez que a renuncia de Feijóo xa aparece publicada hoxe oficialmente no DOG e no BOE. Da pandemia, o máis destacado... que continúan subindo os casos. Agora a piques de chegar ós 18 mil. Con todo, hai 28 persoas menos ingresadas con covid nos hospitais. Nas estradas, un motorista falecido esta madrugada en Paderne, A Coruña. É día tamén de tristes aniversarios. Hoxe cúmprense 28 anos do dobre crime do Cash Récord en Lugo e 20 da desaparición e morte da moza viguesa Déborah Fernández. No tempo da entrevista, falamos co cineasta Ángel de la Cruz.
     
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.