Arredor de Nós

Galicia na II Guerra Mundial - 1ª parte


Listen Later

Sóalle-lo nome de Lola Touza? O de Eduardo Martínez Alonso? Do Evanxelista ou do Calavera? Seguramente non e, así e todo, deberiamos saber deles e honralos como se merecen porque salvaron moitas persoas que fuxían dos nazis. A fronteira con Portugal converteu Galicia nun lugar de acubillo para os que buscaban a liberdade. Os que os guiaban eran voluntarios. Esta é a súa historia. Interveñen: Vicente Piñeiro, autor da novela “Lola Touza, a Schinler galega”; José Ramón Estévez, investigador da historia das irmás Touza de Ribadavia e neto do barqueiro que as axudou; Julio Touza, neto de Lola, arquitecto en Madrid; José Luis Chao, presidente do Centro do Estudos Medievais de Ribadavia, promotor dunha homenaxe as irmás Touza; Patricia Martínez, filla do médico Eduardo Martínez Alonso que, por conta dos servicios secretos británicos, foi o responsable da fuxida do campo de concentración de Miranda de Ebro de moitos fuxidos dos nazis. Autora da obra “La clave Embassy”.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Arredor de NósBy Radio Galega