Arredor de Nós

Arredor de Nós

By Radio GalegaHistory
Download on the App Store

Arredor de Nós episodes

  • Sobre o caruncho do centeo
    Voulles contar unha historia que ten como protagonista unha enfermidade do centeo, que foi a causa do ergotismo ou lume de Santo Antón. Dábase moi ben en Galicia, tanto que sustentou a moitas familias na época da fame, que o vendían as industrias farmacéuticas, a un laboratorio de Vigo do que naceu Zeltia. Fálolles do caruncho do centeo ou dentón. Así que ó longo desta hora saberemos algo máis do “claviceps purpurea”, do “ignis sacer”, da Orde Hospitalaria dos Antonianos, de Hoffman, o científico que sintetizou por primeira vez o LSD, das bruxas de Salem e do Laboratorio Miguel Servet de Vigo e o seu pan-Ergot.
    56 min
  • Sobre a loucura
    Antes do século XIX a loucura tiña que ver co demo e o mal de ollo, tamén co desequilibrio do fluídos corporais. O enfoque de cimonónico, puramente médico, achegou unha nova busca de solucións. En Galicia o manicomio de Conxo foi unha das pezas chave do tratamento psiquiátrico desde a súa inauguración en 1885.
    56 min
  • Sobre María Vinyals
    María Vinyals foi unha intelectual, escritora, oradora e, sobre todo, feminista nun tempo no que unha muller con ideas estaba moi mal vista. Esta é a historia da señora do Castelo de Soutomaior.
    56 min
  • Galicia na II Guerra Mundial. Un mundo de espías - 2ª parte
    Na Segunda Guerra Mundial, o norte da Península Ibérica converteuse nunha zona estratéxica fundamental para os contendentes. Se os británicos organizaban redes de evacuación para os refuxiados que atravesaban España, os alemáns tentaban eliminalas; se Alemaña quería mercar volframio, os ingleses pagaban o triplo con tal de sacarllo das mans os alemáns. Galicia estaba chea de espías. Queren coñece-la historia? Convidados: Emilio Grandío, profesor de Historia Contemporánea da USC; Serafín Rodríguez Trashorras, investigador da historia das torres de Cospeito; M.ª Xosé Rodríguez Galdo, catedrática de Historia e Institucións Económicas da USC, coautora do estudo “O poboado mineiro de Fontao. O volframio na historia empresarial e urbanística de Galicia”; Abel Losada, profesor de Historia e Institucións Económicas da Universidade de Vigo e coautor do estudo “O poboado mineiro de Fontao.”
    56 min
  • Galicia na II Guerra Mundial - 1ª parte
    Sóalle-lo nome de Lola Touza? O de Eduardo Martínez Alonso? Do Evanxelista ou do Calavera? Seguramente non e, así e todo, deberiamos saber deles e honralos como se merecen porque salvaron moitas persoas que fuxían dos nazis. A fronteira con Portugal converteu Galicia nun lugar de acubillo para os que buscaban a liberdade. Os que os guiaban eran voluntarios. Esta é a súa historia. Interveñen: Vicente Piñeiro, autor da novela “Lola Touza, a Schinler galega”; José Ramón Estévez, investigador da historia das irmás Touza de Ribadavia e neto do barqueiro que as axudou; Julio Touza, neto de Lola, arquitecto en Madrid; José Luis Chao, presidente do Centro do Estudos Medievais de Ribadavia, promotor dunha homenaxe as irmás Touza; Patricia Martínez, filla do médico Eduardo Martínez Alonso que, por conta dos servicios secretos británicos, foi o responsable da fuxida do campo de concentración de Miranda de Ebro de moitos fuxidos dos nazis. Autora da obra “La clave Embassy”.
    56 min
  • Jose Rodríguez
    Biografía do catedrático de Matemáticas da USC, lalinés, partícipe como representante español no grupo francés que mediu o Meridiano.
    56 min

About Arredor de Nós

From the publisher's feed

Cada programa dedica unha hora a afondar nun acontecemento ou un ámbito da historia galega, dende personaxes a catástrofes e pasaxes bélicas. Dirixe Isabel Freire.