GALIPORTUS

Galiportus Ep. 31- Leilia, adeus ás pioneiras


Listen Later

No episodio de hoxe falamos con Felisa Segade, vocalista e pandereteira de Leilia, o mítico grupo que neste 2024 deixa os palcos, logo de 35 anos de exitosa carreira. Coa artista pasamos bos minutos de radio, lembrando os seus inicios ("viannos como unhas marcianas, 5 mulleres cunhas pandeiretas...") Analizamos toda a súa carreira, as súas colaboracións, e repasamos curiosidades e soños realizados... Leilia foi durante máis de 3 décadas a referencia para moitas outras artistas que viñeron atrás delas. Moi orgullosa, Felisa manifesta que o maior logro foi "conseguir que tantísima xente teña unha pandeireta na casa". Ao final, e como nos últimos concertos, onde todo o mundo ergueu a pandeireta cara o escenario, en sinal de emocionante recoñecemento, o importante é que "pobo que canta, nunca morre". Leilia vaise, as súas músicas están aí para sempre.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

GALIPORTUSBy german estevez