GALIPORTUS

Galiportus Ep. 55- Allariz e Ponte de Lima, vidas paralelas. Festas, rio e xardins.


Listen Later

Toca falar de dúas vilas ben queridas e que teñen moito en común. Dun lado, Allariz (Ou-Gz), de orixe alto medieval, reconfigurouse arredor da recuperación do seu río Arnoia, e hoxe é un referente patrimonial e ambiental. Do outro, Ponte de Lima (Alto Minho-Pt), co seu rio Lima (de orixe e curso partillado coa parte galega) e o seu título de "vila mais antiga" de Portugal. Nas últimas décadas, ambas camiñaron xuntas, coas súas festas (A Vaca das Cordas e o Boi, a celebrárense nestes días de maio) e os seus festivais de xardins (expostos de maio a outubro). Falamos de todo iso con Xian Bobillo, profesor de lingua e literatura galega, que nos visita para falar dos anos nos que participou como "home do sedeño", na área "dos bois" da Asociación "Xan de Arzúa", parte importantísima do evento. El tamén axudou a escribir o Manual da Festa do Boi (na etapa moderna, é unha festa con 700 anos de antigüidade) e traballou durante case unha década na animación sociocultural do concello. Por outra banda, conversamos en liña coa vila "limiana" con Anibal Varela, eterno presidente da Associação Tradicional da Vaca das Cordas. En canto aos xardíns, explícanos de que vai esta edición Maria Lopez, concelleira alaricana de promoción económica, comercio e turismo. E ao teléfono, desde Lisboa, aténdenos Francisco Caldeira, eminencia da arquitectura paisaxista e presidente de ambos certames. Con el abordamos questións relativas á arte floral, as mudanzas de pel que supoñen festivais así para as vilas ou o desenvolvemento sustentábel, coas temáticas diferentes de cada ano. Unha marabilla de programa, a cabalo entre a celebración, os lazos de amizade e e convivencia natural co entorno... a un e outro lado da Raia! Escoitamos Grupo de Concertinas, e tamén aos Zés Pereiras, bombeiros de Amarante que fan as delicias por Allariz cada ano. Finalmente, bailamos cos Festicultores e o seu "Olivia Newton Jon era de Pantón".
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

GALIPORTUSBy german estevez