No episodio de hoxe falamos de Rebulir, asociación e escola de música e cultura tradicional localizada en Ramirás (Ourense) Da man dos seus protagonistas, Alexandre Sotelino, "Sote" (director da escola) e Sandra G. Sousa (presidenta da asociación), analizamos o seu percurso desde 2005 até a actualidade. Anos de moito traballo e de grandes éxitos, como as Noites de Fiadeiro ou o Festival Internacional, que leva 12 edicións premiando o mellor da música, a cultura e a lingua galega. Tamén debullamos eses outros pequenos pasos dados, a relevancia de grupos así no rural, o crecemento do folk ou a conexión con Portugal. Desde Cacia, Aveiro, aténdenos Cristina Gaspar, directora da escola etnográfica da súa freguesía e tamén da Federação Portuguesa de Folclore. Cristina xa pasou polas Terras de Celanova 3 veces co seu grupo.