GALIPORTUS

Galiportus Ep.14- Ponte nas Ondas e o VI Congreso Internacional de Patrimonio Inmaterial


Listen Later

Logo de 28 anos do seu nacemento (entre escolares de Salvaterra e Monção), "Ponte nas Ondas" continúa a ser unha iniciativa plenamente viva en tanto que o maior exponente de difusión radiofónica do patrimonio inmaterial partillado entre Galiza e Portugal. Falamos daquel patrimonio intanxible, referido a tradicións orais, artes escénicas, saberes populares, usos sociais, rituais, actos festivos ou coñecementos relativos á natureza. Polo seu significado histórico e tras a inclusión do proxecto na lista de boas prácticas do PCI (Patrimonio Cultural Inmaterial) da UNESCO, Galiportus tiña que estar no VI Congreso de Patrimonio Inmaterial celebrado en Ourense (Gz) Alí puidemos falar cos protagonistas: Raquel Rei Vilas (moderadora e actualmente a realizar unha tese de doutoramento sobre o a experiencia de Ponte nas Ondas e as implicacións derivadas na Raia), José Lindomar (pedagogo brasileiro a investigar escolas de fronteira), Xabier Álvarez (encargado do Centro de Cultura Popular Xaquin Lourenzo, "Xocas"), Alexandre Sotelino (profesor universitario e comunicador da proposta sobre educación e patrimonio cultural: "o Entroido ourensán como eixo de desenvolvemento comunitario"), Xerardo Pereiro (profesor e antropólogo, un dos membros do comité organizador do congreso) e Xerardo Feijóo (secretario e membro fundador do proxecto "Ponte nas Ondas") Música, grandes conversas, multitude de visións e unha única conclusión: 20 anos despois da convención de salvagarda do PCI da UNESCO, Galiza e Portugal... continúan na onda!!
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

GALIPORTUSBy german estevez